Skip to Content

O noso samaín

 
 
 

Gusileo en Instagram

Bo día!

Aquí tedes a conta de Gusileo na rede social Instagram, a través da cal poderedes seguir as nosas novidades

 

Benvidos/as ao curso 2024-2025

Benvidos/as a un novo curso escolar.

Agardamos que disfrutárades moito das vacacións e veñades cargados/as de enerxía.

Lembramos que as clases comezan o vindeiro 11 de setembro co seguinte horario

9:30-14:30 Clases

14:30-15:30 Comedor e saída

ENTREGA DA CESTA AO NÚMERO 427

 

O pasado 27 de xuño celebrouse un novo sorteo da cesta ao non aparecer a persoa gañadora, sendo o número 081 o agraciado.

Ao non aparecer gañador/a, hoxe fixemos entrega á persoa portadora do número 427 do seu premio, que se vai con destino A Coruña. Agardamos que o disfrute moito.

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Bo día,

Aquí tedes as recomendacións de Gusileo para este verán. Agardamos que disfrutedes moito das lecturas.

Unha aperta!

APERTURA PRAZO DE ADMISIÓN PARA COLABORADORES/AS DO COMEDOR

As nais, pais, titores/as legais e acolledores/as familiares do alumnado deste centro, que desexen, ao longo do curso 20024-2025, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 8 de setembro de 2024, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2024.

REVISTA ATURUXO CURSO 2023-2024

Como cada curso, aquí tedes a nosa revista : ATURUXO. Nela poderedes ver moitas actividades que fixemos ao longo do curso, así como creación do propio alumnado. Para acceder a ela, podedes facelo a través do código QR ou accedendo ao enlace que vos deixamos.

Esperamos que vos guste!!

    

Distribuir contido