Qué é?
Un Corte de dixestión é cando ten lugar unha parada brusca no proceso de dixestión (cando o corpo está a convertir os alimentos en nutrientes), e non é debido exclusivamente a meterse na auga despois de comer, se non que pode ocurrir por varios motivos.
Durante a dixestión a sangue está máis concretada neste proceso e resto do corpo recibe menos cantidade de sangue, polo que un cambio de temperatura brusco (meter de golpe na auga fria) obliga a sangue a repartirse por todo o corpo para regular a temperatura, o que orixina mareos e vómitos.
Mais tamén pode ocurrir se facemos exercicio intenso depois dunha comida, xa que a sangue, ademáis de ter que traballar na dixestión, debe repartir o oxixeno aos músculos implicados no exercicio e pode derivar nunha parada da dixestión, e polo tanto nun corte de dixestión.
Tamén pode darse un corte de dixestión por sudar moito ou tomar o sol con altas temperaturas.
Os síntomas principais son:
- Dar e molestias no estómago.
- Mareos e náuseas.
- Pel pálida. As veces precedido dunha coloración excesiva.
- Descenso da tensión arterial e pulso debilitado.
- Escalofríos.
- Visión borrosa.