Unha torcedura é cando facendo un mal apoio, ou nunha caída, algunha articulación do corpo, dobra máis do que é normal para ela, podendo producir tres tipos de torceduras en función da gravidade:

Unha Torcedura: na que no momento sentimos dor na articulación afectada, pero que non ten maíores complicacións.

Un Esguince: na que o ligamento da articulación sufre unha rotura incompleta o que provoca dor localizado no punto da lesión, inflamación da zona afectada, moratón máis ou menos pronunciado e incapacidade de usar esa articulación.

Unha Luxación: prodúcese cando un dos osos que formar a articulación sae do seu sitio, o que provoca gran deformidade da articulación afectada, dor continuo tanto cando a tocamos como cando non o facemos, e incapacidade para mover a articulación.

Última modificación: martes, 20 de noviembre de 2018, 09:49