No caso de feridas simples ou superficiais:

1. Limpiar a ferida con abundante auga no centro da mesma, para arrastrar posibles corpos extraños.

2. Limpiar a ferida directamente con gasas estériles, molladas en antisépticos, como o xabón ou similar, do centro cara fóra, empregando unha gasa en cada uso.

3. Desinfectar a pel o redor da ferida, limpando unha zona máis grande que a propia ferida.

4. Cubrir  a ferida con gasas molladas en antisépticos, como o xabón  ou similar, e facer un vendaxe, apretando fortemente para cortar a hemorraxia.

Nunca empregaremos algodón xa que pode deixar restos na ferida.

No caso de feridas graves: (falamos de ferida grave como aquelas que non son superficiais)

1. Non trataremos de curar a ferida.

2. Colocación dun apósito estéril  e vendaxe que o manteña.

3. Traslado a un centro sanitario.

O apósito colócase para evitar a infección, evitar a perda de sangue e disminuir a dor, coa inmovilización da zona lesionada.

Última modificación: xoves, 29 de novembro de 2018, 12:05 PM