A PLANTAR!!!!

A semana pasada estivemos moi atarefados de labregos xa que tocou plantar leitugas no invernadoiro e despois plantamos na aula nos brics que trouxemos da casa.A verdade que somos todos uns profesionais.Agora toca regar e esperar.Esperemos que teñamos máis sorte que cando plantamos as cabazas pois  non saíu nin a primeira.