Secretaría

RESERVA DE PRAZA EN CENTROS ADSCRITOS

12 de febreiro de 2021

 

Unha vez rematado o prazo de reserva de praza para p curso 2021/22 en centros adscritos, comunicamos a resolución:

 

- Reserva de praza para 3º de Primaria do alumnado procedente das escolas unitarias: todas admitidas.

Formalizarán neste centro a matrícula no mes de xuño. Informaremos do procedemento nesta mesma web.

 

- Reserva de praza para 1º da ESO no centro adscrito IES Manuel Murguíatodas admitidas.

Formalizarán no instituto a matrícula no mes de xuño

 

WEB do IES  

Reserva de praza no IES Manuel Murguía para o alumnado de 6º de Primaria

Venres 8 de xaneiro de 2021

 

 

O alumnado que agora cursa 6º de Primaria, ten dereito preferente de praza no IES Manuel Murguia de Arteixo.

Aviso: as instruccións e impreso foron repartidas ao alumnado en clase durante a mañá de hoxe.

-  Entrega do anexo ED550A e unha copia do DNI/NIE do alumno/a en caso de que dispoñan del.

- O Anexo debe vir asinado polos proxenitores. En casos de separación,deben entregar unha copia da resolución xudicial correspondente para adxuntala. Cando a custodia é compartida, deben asinar igualmente os dous proxenitores.

- Prazo: do 11 xaneiro ao 8 de febreiro de 2021 (ambos inclusive)

- Lugar de entrega: secretaría do CEIP Ponte dos Brozos de 09:30 a 12:30 con cita previa 881 960 506

- A reserva pode ser entregada polos propios alumnos/-as, o Equipo Directivo recollerá a documentación nas aulas e entregarase posteriormente unha copia  da entrega.

- Se non desexan que o seu fillo/a continúe os estudos no IES Murguía, os proxenitores deben asinar unha renuncia na secretaria do CEIP Ponte dos Brozos.

- Unha vez rematado o trámite, para coñecer se a reserva foi admitida e dispoñen de praza para o curso 2021-22, informaremos na web do centro. A data límite de publicación das listaxes nos centros é o 28 de febreiro.

- A non entrega no prazo e forma establecidos causa perda do dereito preferente a unha praza no instituto adscrito.

WEB CONSELLERIA. Ver Reserva de praza

 

 

Axuda Máscaras Educación Primaria.

Venres 11 de Decembro.

 

Publicada a Resolución Definitiva, comunicamos dende a Secretaría do centro: 

 

1) O alumnado de Primaria beneficiario recibirá 5 máscaras reutilizables para os 125 días lectivos restantes. 

As máscaras veñen en sobres individuais nos que xa figura a certificación e instruccións de lavado.

 

2) As máscaras serán recollidas por un dos proxenitores idéntificándose con DNI/NIE para asinar a súa retirada.

De non poder asistir, pódese autorizar a outra persoa. Deixamos un modelo de autorización.

Ver autorización

 

3) O reparto será do seguinte modo, organizado por cursos. Non é preciso pedir cita previa pero si respetar ao máximo as franxas horarias así como as medidas de seguridade. 

De non poder asistir, buscaremos outras datas unha vez rematado o reparto que adxuntamos a continuación:

 

Ver reparto

 

 

RESOLUCION PROVISIONAL DA AXUDA DE MASCARAS PARA EDUCACION PRIMARIA.

 

 

Luns 30 de novembro de 2020.

 

Rematado o prazo de presentación de novas solicitudes para a axuda de máscaras, publícase a Resolución Provisional de Admitidos e excluídos.

Consulta ata o martes día 1 de decembro na secretaría do centro en horario de 09:30 a 12:00.

 

Lembramos que as familias que obtiveron o vale de material escolar, xa teñen concedida a axuda.

 

Publicaremos o dia 2 de decembro nesta web a organización da entrega de máscaras no centro.

Calendario Escolar

Actualizamos o calendario escolar do curso 2020-21 co día non lectivo solicitado polo centro, que será o luns 3 de maio.

 

Abrir Calendario

 

Participación no procedemento de distribución de máscaras.

Venres 13 de novembro de 2020 

Participación no procedemento de distribución de máscaras.

 

ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21.

Enlace ao DOG

 

DESTINATARIOS/AS: Alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial:

 

a) Non ten que presentar solicitude:

O alumnado de primaria beneficiario da axuda de material escolar no curso 2020-2021. A concesión das máscaras é automática. Informaremos da xestión da entrega das mesmas na web.

 

b) Ten que presentar solicitude:

O alumnado de primaria que non foi benefciario da axuda de material escolar no curso 2020-2021 que cumpra algunha das seguintes condicións:

• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €. (Datos da renda e familiares do ano 2018)

• Alumnado matriculado en educación especial.

• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.

• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

1) Descargar o formulario

2) Documentación a entregar

3) Prazo e forma de presentación

 

  • A solicitude será única para os fillos/-as matriculados en educación primaria. 

 

  • Presentación no centro (non hai outras opcións posibles)

 

  • Informaremos na web da publicación da resolución provisional, a consulta terá que ser presencial. Non nos permiten poñela na web nin en outros espazos dixitais.

 

CASO POSITIVO ENTRE O ALUMNADO

Estimadas familias:

 

Ante a noticia nos medios de comunicación da confirmación dun caso positivo en COVID-19 no noso centro, informamos:

O alumnado do grupo considerado contacto directo co positivo xa foi contactado pola Consellería de Sanidade, que lle informou dos pasos a seguir e o citou para a realización da PCR correspondente.

O mesmo aconteceu co profesorado que estivo en contacto con ese grupo.

Estamos atentos á evolución e continuamos cumplindo coas normas establecidas no protocolo publicado pola Consellería de Educación. Grazas pola súa permanente colaboración.

Distribuir contido