PERÍODOS NON LECTIVOS CURSO 2018-2019

PERÍODOS NON LECTIVOS

INFORMACIÓN A NAIS/PAIS/TITORES LEGAIS

Curso: 2018/2019

Segundo a Orde do 28 de maio de 2018 (DOG do 8 de xuño de 2018) establécese:

1. PERÍODOS DE VACACIÓNS:

 NADAL: desde o día 22 de decembro de 2018 ata o día 7 de xaneiro de 2019, ambos inclusive.

 ENTROIDO: días 4, 5 e 6 de marzo de 2019.

 SEMANA SANTA: desde o día 13 ata o 22 de abril de 2019, ambos inclusive.

2. DÍAS NON LECTIVOS:

 Ademais das festas de ámbito estatal, son días non lectivos os festivos así declarados pola Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia, e as festas laborais de carácter local publicadas por resolución da devandita consellería.

 Días non lectivos solicitados por razóns de tradición, costume ou conveniencia pedagóxica: 2 de novembro de 2018 e 20 de maio de 2019.

 Establécese o Día do Ensino coa consideración de non lectivo para efectos académicos 7 de decembro de 2018.