RESOLUCIÓN PROVISIONAL AXUDAS LIBROS E MATERIAL CURSO 2024/2025

Publicase con data de 1 de xullo a resolución provisional das axudas para material e libros de texto para Educación Primaria, do curso 2024-25.

As listaxes provisionais deben consultarse presencialmente no centro nos taboleiros situados na entrada da  CONSERXERÍA.  Horario de 9.30 a 12.30.

 

Non é posible publicar os resultados na web do centro por estar así indicado na Orde que regula a convocatoria das axudas.

Así mesmo, as persoas que tramitaron a solicitude de forma telemática, poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital. 

Para o alumnado de 3º a 6º de Primaria, coñecerán o nº de libros que se lles concede. Na resolución definitiva poderán comprobar os libros (materias) que se lles adxudican.

Entrega de vales: Do 8 ao 12 de Xullo (ambos inclusive) e a partir do 2 de setembro. Sempre en horario de secretaría (9:30 a 12:30)

Os libros de 3º a 6º de EP serán entregados unha vez comece o curso a través das/dos titoras/es.

 

Para posibles reclamacións e correccións, dispoñen ata o día 3 de xullo, en horario de secretaría (09:30 a 12:30). Unha vez rematado este prazo informaremos na web da publicación da resolución definitiva (levaráse a cabo o 5 de xullo en CONSERXERÍA).