Publicada a ORDE do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21.
Preme para ler a Orde
A presente Orde integra as diversas modalidades de gratuidade solidaria dos libros de texto dos niveis obrigatorios de ensino
|
- Fondo solidario de libros de texto en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.
- Axudas para adquirir libros de texto en 1º e 2º de Educación Primaria.
- Axudas para adquirir material escolar para o alumnado matriculado en Educación Primaria.
REQUISITOS: Preme para ler or requisitos da convocatoria.
Para solicitar estas axudas é preciso presentar o Anexo I e II preferiblemente por vía electrónica e opcionalmente poderase presentar no centro docente segundo o establecido na citada orde.
Plazo de presentación: Do 20 de maio ao 19 de xuño
Recoméndase a presentación telemática a través do aplicativo FONDOLIBROS
O horario de atención ao público de maneira presencial no centro será con cita previa
A cita previa realizarase chamando ao teléfono do centro 886 120 261 ou ao teléfono móbil do centro 667 699 382 que estará operativo de luns a venres en horario de 10:00 a 13:00h
Importante: O centro só permanecerá aberto para
realizar esta xestión.
No caso de ter que acudir ao centro de xeito presencial deberán cumplirse as seguintes normas:
-Acudirá 1 soa persoa con máscara e luvas
-Manterá a distancia de seguridade establecida: 2 metros.
-Respetará as indicacións do membro do equipo directivo polo que será atendido