Skip to Content

Día de Rosalía de Castro

Hoxe celebramos no colexio o día de Rosalía de Castro, unha destacada escritora e poeta galega. Nacida en Santiago de Compostela o 23 de febreiro de 1837, a súa contribución á literatura galega é inestimable.

É coñecida pola súa poesía emotiva e comprometida, que reflexa a realidade e a identidade do pobo galego.

A súa obra máis coñecida, "Cantares Gallegos", publicada en 1863, foi unha peza fundamental na revitalización da lingua galega. Ademais, destacou pola súa prosa, como na novela "A filla do mar" e polos seus escritos en prosa poética.

Hoxe, como o día que naceu, un 23 de febreiro lembramos e celebramos o legado de Rosalía de Castro, unha muller que soubo plasmar a beleza e as inquedanzas do noso pobo a través das súas palabras.

Desde as aulas realizamos o seu poema "Adiós ríos, adiós fontes" con palabras modificadas en relación á horta e con un debuxo conxunto sobre as hortas. Nas mesmas aulas tamén se traballaron actividades e proxectos entorno a esta grande autora.

Por outro lado, montamos unha horta no hall na que vos convidamos a participar ás familias nesta iniciativa,  enviándonos fotos das vosas hortas, e quedou fermosa e moi bonita.

Darvos as grazas pola vosa colaboración, e esperamos que disfrutedes coas fotos!

Deixámosvos o enlace á actividade e ás fotos.

https://agueiro.edu.xunta.gal/view/view.php?t=ZrS0pWXvlGHgzAobhknu

 

 

Un saudiño a todos e todas,

 

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega.

 

 



blog | by Dr. Radut