Skip to Content

Patios

Estimadas familias:

Desde o Equipo de Convivencia queremos transformar os patios da nosa escola en lugares máis dinámicos, nos que todas as crianzas atopen estímulos do seu agrado. Apostamos por facelo desde a reciclaxe, polo que precisamos da vosa colaboración.

Por favor, enviade ao cole:

·        

Caixas de cartón de tamaño medio ou pequeno e baleiras (de galletas, cereais, zapatos...).

·        

Tetrabricks baleiros e limpos e co tapón.

·        

Animais de xoguete pequenos ou medianos que xa non usen (dinosaurios, animais acuáticos, de granxa...).

·        

Medios de transporte de xoguete pequenos ou medianos que xa non usen (excavadoras, coches, tractores, motos, avións...).

O material que xuntedes podedes envialo a través dos nenos e nenas.

Gracias de antemán.

O Equipo de Convivencia.



page | by Dr. Radut