Consello Escolar 2010


Eleccións Consello Escolar. 2010-2011

Constitución da Xunta Electoral
 

De conformidade co establecido na Resolución do 6 de setembro de 2010 (DOG do 24) realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumneto de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.
A organización e a supervisión do precedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto e integrada por:

  • O Director ou Directora do Centro.
  • Un Profesor ou Profesora.
  • Un Pai, Nai ou Titor legal.
  • Un Representante do Persoal de Administración e Servizos

Os tres últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988 do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebraráse o proximo día 28, xoves ás 12:00h.
Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar a súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.


 

O resultado do sorteo foi o seguinte:

Representantes do Profesorado

  • Titular: Begoña Seoane Ferreiro
  • Suplente: María Vilar Armas

Representantes de Nais e Pais

  • Titular: Nuria Lamas Campos
  • Suplente: Lucía García Andújar

Representante do Persoal de Administración e Servizos

  • Titular: Yolanda Vidal Fraga
  • Suplente: Beatriz Giadás Rial


Renovación Parcial do Consello Escolar. 2010-2011