BMSC-Pedro e o lobo.

 

BMSC-PEDRO E O LOBO

Auditorio de Galicia


Fantoches Baj acompañada da Banda Municipal de Música de Santiago de Compostela adapta o clásico conto de ‘Pedro e o Lobo’ nunha proposta representada con marionetas manipuladas coa técnica xaponesa do bunraku e acompañadas coa música do clásico de Prokofiev. A peza sitúa a historia nun mundo rural illado da modernidade e contextualiza o conto nunha estación de tren pechada, nun espazo que quixo ser moderno, pero que finalmente foi abandonado e que a natureza comeza a recuperar. A historia cóntana tres antigos operarios do ferrocarril, apaixonados dos trens, que deixaron o seu traballo de desmontadores de estacións para converterse en donos dun parque infantil.

Unha proposta de monicreques e música que fala de superación, amor, vinganza, medo, orgullo... e que desde a revisión defende os lobos e o valor da natureza.

 

  • Día 29 de novembro. Alumnado de 6º de EI.