Dirección 2023


 

3. Resolución da Comisión de Selección e Proposta de nomeamento

Reunida a Comisión de Selección o 30 de maio ás 16:00h, acorda avaliar positivamente o proxecto de dirección presentado por Dª Marta Veleriro Rodríguez, abríndose un prazo de 5 días de reclamación tras dos cales proporase á Xefatura Territorial de Educación o nomemamento desta como directora do CEIP Pío XII nos vindeiros catro cursos.

2. Convocatoria da Comisión de Selección

  1. Constitución da Comisión o día 24 de maio.
  2. Validación das candidaturas presentadas.

1. Convocatoria para a elección de Nova Dirección

O día 5 de abril é publicada no DOG a Orde do 24 de marzo de 2023 pola que se convoca concurso de méritos para a selección e nomeamento da dirección dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación. No Anexo I da citada Orde aparece o CEIP Pío XII como un dos centros nos que é preciso realizar este proceso. Segundo o recollido no Art.6 da Orde, a Comisión encargada da Selección, nomeada pola persoa titular da xefatura territorial da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, terá como sede a localidade e local que decida a súa presidencia e a seguinte composición:
  • Dúas persoas pertencentes ao corpo de inspección educativa.

  • Un director ou directora en activo en centros que impartan as mesmas ensinanzas.

  • Tres docentes do centro elixidos polo claustro de profesorado (Elección celebrada o 19/04/2023)

  •  Mansilla Chao, María José
  •  Neira González, María Teresa
  •  Barreiros Fernández, María Belén
  • Tres membros non docentes do consello escolar elixidos polo propio consello escolar(Elección celebrada o 18/04/2023)

  •  Fernández Pan, Marta
  •  Gándara Pumar, Denís
  •  Cuartero Rodríguez, David

Rematado o prazo de presentación de candidaturas, foron rexistradas as seguintes:

APELIDOS E NOME

CENTRO DE DESTINO

1.

 

 Veleiro Rodríguez, Marta            

CEIP Pío XII

2.

 

 Losada Montero, Ana

CEIP de Barouta

Segundo o establecido no Art. 8.2 e 8.3 da citada orde

  • Para poder ser seleccionada e nomeada para a dirección é necesario obter polo menos seis puntos no proxecto de dirección.
  • A selección realizarase considerando primeiro as candidaturas do profesorado do centro, que terán preferencia. En ausencia de candidaturas do centro ou cando estas non superasen a puntuación mínima no proxecto de dirección, a comisión valorará as candidaturas do profesorado doutros centros.