Coidemos o corpo comendo ben
Enviado por ceippio12 o Sáb, 2023-03-11 11:34
Coidemos o corpo comendo ben
A alimentación saudable é aquela que proporciona a cada individuo todos os alimentos necesarios para satisfacer as súas necesidades nutricionais, nas diferentes etapas da vida (infancia, adolescencia, idade adulta e envellecemento), e nunha situación de saúde.
Cada persoa ten requisitos nutricionais en función da súa idade, sexo, altura, actividade física e estado de saúde ou enfermidade. Para manter a saúde e previr a aparición de moitas enfermidades, é necesario seguir un estilo de vida saudable; é dicir, elixir unha dieta equilibrada, realizar actividade física ou exercicio físico regular. |
»