EDL. Actividades anuais. 22-23
Enviado por ceippio12 o Mér, 2022-05-11 19:57
Francisco Fernández Del Riego. LLGG-2023 |
Actividades do Equipo de Dinamización Lingüística 22-23 Segundo o Decreto 79/2020 do 20 de maio as linguas constitúen un elemento básico da identidade cultural e representan un valor fundamental de cohesión dunha comunidade. O mesmo Decreto anterior establece no seu Artigo 15º a creación de equipos de dinamización da lingua galega co obxectivo de potenciar o uso da lingua galega nos centros educativos públicos. Promover o emprego dunha lingua minorizada supón deseñar actividades nas que o alumnado precise poñer en práctica os coñecementos adquiridos nas aulas da materia de Lingua Galega e Literatura, desenvolvendo deste xeito a súa competencia comunicativa. Liñas de actuación a longo prazo e uns obxectivos para traballar neste curso académico que son os seguintes: 1. Fomentar a competencia Lingüística en língua galega priorizando o nivel oral, coa participación de todos os membros da comunidade educativa 2. Dinamizar a lectura con contos, poesía, publicacións periódicas… para toda a comunidade educativa 3. Fomentar o coñecemento da nosa contorna, das tradicións e da cultura galega 4. Iniciar unha convivencia con centros educativos da nosa contorna con alumnado galegofalante |
»