Conservatorio Profesional de música: Coñecemos os instrumentos da Orquestra.


 

 

CMUS: Coñecemos os instrumentos da Orquestra.

26 de abril.

Salón de Actos de CEIP Pío XII


 

O día 26 de abril contaremos cunha agrupación de músicos-profesores do CMUS, que nos contarán a través dunha historia, os instrumentos que se ofertan no conservatorio.

  • Alumnado de 2º e 3ºEP.

O prazo de inscrición para as probas de acceso a 1º de Grao Elemental (dirixida aos nenos e nenas de 8 a 14 anos) é do 22 de abril ao 5 de maio ata as 12h. A inscrición será online a través da páxina web do conservatorio.
No seguinte enlace está dispoñible toda a información, na pestana de Acceso a 1º GE, guías de acceso e vídeos titoriais.
https://www.conservatoriosantiago.gal/acceso

Na semana do 25 ao 28 de abril tamén se celebrarán unhas xornadas de presentación dos instrumentos, para dar a coñecer dunha maneira amena e adaptada aos máis pequenos os diferentes instrumentos que se imparten no centro, así como o procedemento de acceso ao primeiro curso do Grao Elemental, ás que se poderá asistir previa reserva no seguinte enlace: XORNADAS DE PRESENTACIÓN DE INSTRUMENTO.