Educación viaria: Mobilidade segura es sostible no Camiño de Santiago


 

EDUCACIÓN VIARIA:

MOBILIDADE SEGURA E SOSTIBLE NO CAMIÑO DE SANTIAGO


O principal obxectivo desta acción itinerante é fomentar entre os peregrinos e entre os cidadáns de cada localidade nas que se ubican as accións, comportamentos viais seguros e responsables para a mellora da mobilidade e a prevención dos accidentes de tráfico, con actividades de formación e concienciación. Cada ano máis de 300.000 persoas acuden á oficina do peregrino de Santiago. A través dos diferentes camiños que chegan a Santiago os peregrinos desprázanse na súa gran maioría a pé pero tamén existen outras opcións como por exemplo a bicicleta, a cabalo, a vela, en cadeira de rodas... A mobilidade é polo tanto un aspecto importante a ter en conta no traxecto, a xestión da mesma, así como manter unha seguridade vial axeitada debe ser unha prioridade para todas as entidades implicadas. Trátase dun aspecto que non afecta somentes aos peregrinos senon tamén a todas as poboacións polas que transcorre o Camiño e polo impacto que supón o uso do espazo que afecta de forma directa ou indirecta á seguridade vial do entorno.

  • Alumnado de 6ºEP. 21 de outubro.