Plan Proxecta 17-18


 

PAISAXE E SUSTENTABILIDADE


INTRODUCCIÓN
Neste curso escolar que remata seguimos traballando a sensibilización cara o coidado e respecto polo medio ambiente a través da arte, coñecemos a nosa contorna e vivenciamos os cambios experimentados nela no transcorrer do curso escolar. Traballamos con materiais propios do outono e da primavera nas aulas, empregamos un expositor de ramas naturais para recoller a evolución das propostas artísticas realizadas en cada trimestre e que tiñan relación con contidos curriculares, realizamos unha instalación vertical no patio da escola co fin de humanizalo e embelecelo acompañada da plantación de petunias en maceteiros reciclados e pechamos o curso realizando unha intervención de Land Art, na primavera, na carballeira de Santa Susana da Alameda compostelá. A nosa premisa é o uso de materiais naturais para potenciar o coñecemento e respecto polo entorno natural.
O Land Art é unha tendencia da arte contemporánea que emprega o marco e os materiais da natureza (madeira, terra, pedras, area, rocas, lume, auga, et.). Esta expresión inglesa pode traducirse como “Arte da Terra”. Moitas destas obras desaparecen porque se atopan expostas no exterior e sometidas á erosión natural quedando delas tan só o recordo fotográfico. O que pretende é producir emocións plásticas no espectador, alterar cun sentido artístico a paisaxe para provocar o máximo de efectos e sensacións á persoa observadora. Quere reflexar a relación entre o home e a terra, o medio ambiente e o mundo.

OBXECTIVOS
Con respecto ao grao de consecución dos obxectivos destacar que é un proxecto que vai medrando e que acada os obxectivos propostos no proxecto inicial engadindo outros. O feito de introducir materiais da natureza propios das distintas estacións na aula (cunchas, area, pedras, paus, ramas, follas, froitos secos, terra, sementes, piñas, carozos, pétalos, frores,…) abreu un abano de posibilidades de creación, experimentación, coñecemento, exploración, xeralización,… que facilitaron o desenvolvemento de contidos curriculares tales como: seriacións, figuras xeométricas, conceptos de cantidade,  clasificacións, descripcións, adquisición de léxico, achegamento aos textos descriptivos e expositivos, desenvolvemento da creatividade… e todo iso parello á consecución dunha maior sensibilidade hacia o coidado e embelecemento da contorna extensible ao medio ambiente.


ORGANIZACIÓN
No primeiro trimestre do curso comezamos transformando elementos propios do outono para ambientar os espazos das aulas e descubrir as súas posibilidades de transformación. Un dos procesos que resulta máis interesante é a oxidación das follas e o cambio de cor. Un elemento clave é un expositor realizado con ramas naturais que evoluciona co transcorrer do curso escolar.
A elaboración das cortinas de outono e primavera engadiu a luz como elemento natural e de transformación dos materiais.
A instalación vertical realizada na aula con todo o alumnado de Educación Infantil (225 nenos e nenas) estimulou no alumnado a necesidade de coidar esteticamente o espazo no que desenvolvemos a nosa actividade diaria.
Na culminación do proxecto realizamos unha instalación de Land Art onde participaron un total de 325 nenas e nenos. Demandamos a colaboración das familias aportando material propio da primavera para engadir ao recolectado polo profesorado e alumnado nas respectivas saídas. A preparación desta intervención requireu un traballo previo nas aulas: visionamos a obra de Richard Shilling e Andy Goldsworthy, os artistas Lan Art que nos sirven de referencia, revisamos os vídeos que recollían as instalacións realizadas  nos cursos anteriores, as fotografías que recollían as creacións realizadas por eles mesmos e realizamos os bocetos do que lles gustaría crear no exterior empregando materiais naturais.
Nesta ocasión o espazo escollido foi a carballeira de Santa Susana, na Alameda compostelá. De volta ás aulas representamos as súas creacións a través da linguaxe plástica.

AVALIACIÓN
Destacar como aspecto moi salientable que, na intervención de Land Art participa moito máis profesorado e alumnado do que figura inscrito nesta edición de “12 meses, 12 paisaxes”. Un total de 375 nenos e nenas, de 3 a 9 anos, guiados por 15 personas docentes.
Os aspectos que nos levan a determinar a valoración do proxecto foron os seguintes:
•    Grao de consecución dos obxectivos.
•    Implicación do profesorado e alumnado implicado.
•    Motivación e satisfacción no profesorado e alumnado implicado.
•    Valoración das familias das actividades e instalacións realizadas.
•    Repercusión nos medios informativos.
•    Participación de profesorado que non figura no proxecto.

PROFESORADO
A primeira parte do proxecto, desenvolvida nas aulas, permitiu certo marxe de flexibilidade acerca do material que se quería empregar en cada grupo pero facéndoo coincidir no tempo.
Houbo unha parte importante de traballo colectivo onde cada persoa implicada participou nas decisións grupais tales como elixir o espazo máis idóneo para desenvolver as propostas, visitar os espazos en repetidas ocasións  prevendo necesidades, obstáculos e distribuír o espazo para organizar a tanto alumnado. Tamén houbo outra parte de traballo individual de cada docente co seu grupo de alumnado onde se desenvolveu a parte de exploración e experimentación cos materiais recollidos e de realización de bocexos previos á execución da instalación así como das propostas específicas de aula con material propio do outono e da primavera.

BIBLIOGRAFÍA

  • Shillig, R. : Land Art. Cherry Leaf Pubblishing. 2009
  • Goldsworthy, A. : En las entrañas del árbol. Museo Nacional de Arte Reina Sofía. 2007