Meteoescolas


  Durante o curso 2016/17 participamos unha vez máis no proxecto Meteoescolas coa finalidade de afianzar e profundar nos métodos de traballo de investigación e adquisición de experiencias relacionadas coa meteoroloxía.
Pretendeuse que os alumnos/as do centro despertaran o seu interese pola indagación científica, o traballo colaborativo na recollida diaria de datos da estación meteorolóxica co seu estudo posterior nas aulas, a iniciación á predicción do tempo e ao desenvolvemento das competencias básicas.
Intentamos que o alumnado tomara conciencia dos cambios máis importantes e os estados do tempo que máis se repiten, aproximándose, así, ao estudo da climatoloxía dunha zona ou comarca.
Debemos resaltar o tratamento interdisciplinar como obxectivo e método de traballo, implicando a meirande parte das áreas curriculares para o estudo e análise dos datos recollidos.

GRAO DE CONSECUCIÓN DOS OBXECTIVOS
A participación do alumndado e profesorado fixeron que o grao de consecución dos obxectivos fora positivo, deste modo aprenderon a:
  • Manexar os aparellos da estación meteorolóxica: termómetro de máxima e mínima, pluviómetro, barómetro, higrómetro e anemómetro
  • Tomar datos e realizar observacións directas dos fenómenos atmosféricos 
  • Analizar as medidas anotadas para valorar a evolución do tempo e a súa predicción.
  • Elaborar gráficos e tablas para confeccionar climogramas como iniciación ao estudo do clima
  • Traballar en equipo realizando actividades e tarefas colaborativas cos compañeiros/as de clase.
  • Desenvolver as competencias básicas do currículo.
  • Comprender o cambio climático.


ORGANIZACIÓN
Participaron un total de 175 alumnos/as de 5º e 6º de EP,  xunto con profesorado dos menciondos niveis. 

DESENVOLVEMENTO DE ACTIVIDADES
A) RECOLLIDA DE DATOS.
En quendas rotativas (grupos de tres), diariamente á primeira hora da mañá, recollida de datos na estación meteorolóxica. Anótanse temperatura máxima e mínima, pluviosidade, humidade, presión atmosférica e percorrido do vento nunha  planilla
Estos datos complétanse tamén con fenómenos meteorolóxicos observables como orballo, escarcha, neve, néboa e treboada.
B) EXPOSICIÓN PÚBLICA DE DATOS NO TABOLEIRO.
Os datos recollidos na planilla expóñense cada día nun taboleiro de anuncios para a observación da comunidade educativa.
C) TRATAMENTO DA INFORMACIÓN EN ALULA. OS CLIMOGRAMAS.
Dentro das aulas procédese ao estudo e análise dos datos coa elaboración de táboas,  gráficos e cálculos estatísticos: media aritmética das variables, gráfico de barras e gráfico lineal.
En Ciencias Sociais, no tema “O Clima”, os alumnos confeccionaron un climograma cos datos da estación do Centro na súa libreta da materia, para podelos comparar despois con outros do noso arredor.
D) WEB MeteoGalicia
Subir os datos semanalmente ao sitio web de MeteoGalicia.
E) OUTRAS ACTIVIDADES.
Saída didáctica á sede de meteogalicia en Santiago de Compostela- Observación do lanzamento dun globo sonda.
Conferencia dun profesional da TV galega. Elaboracion dos partes meteorolóxicos na TVG

METODOLOXÍA
A metodoloxía contempla métodos didácticos participativos que facilitan unha ensinanza activa e por descubrimento, baseada na indagación e no correcto manexo do método científico.