2016. Euromelanoma
EUROMELANOMA 2016
Un dos factores máis importantes no benestar dunha sociedade é a educación en saúde, promovendo o coñecemento e a adopción de hábitos de vida adecuados que eviten ou atrasen a aparición de diversas enfermidades. Neste ámbito desenvólvese, por parte dos dermatólogos europeos, a Campaña do Euromelanoma, que en España coordina a Fundación Pel Sa da Academia Española de Dermatoloxía e Venereoloxía. Esta campaña ten dous obxectivos principais:
Con esta pretensión eliximos o Colexio Pío XII para presentar un vídeo realizado polo alumnado deste centro escolar para esta Campaña expoñendo a regra do ABCDE para o diagnóstico precoz do melanoma. Este vídeo está a utilizarse xa en centros educativos doutras Comunidades Autónomas. Ademais aproveitarase esta xornada para impartir unha charla divulgativa sobre os perigos da sobreexposición solar e como lograr facer unha vida normal ao aire libre sen correr riscos.
|
||||
|