12 meses, 12 paisaxes


INTRODUCCIÓN

  Neste curso escolar que remata pretendíamos repetir a experiencia do curso anterior onde, a través da arte, coñecemos a nosa contorna e vivenciamos os cambios experimentados nela no transcorrir do curso escolar.
O Land Art é unha tendencia da arte contemporánea que emprega o marco e os materiais da natureza (madeira, terra, pedras, area, rocas, lume, auga, et.). Esta expresión inglesa pode traducirse como “Arte da Terra”. Moitas destas obras desaparecen porque se atopan expostas no exterior e sometidas á erosión natural quedando delas tan só o recordo fotográfico. O que pretende é producir emocións plásticas no espectador, alterar cun sentido artístico a paisaxe para provocar o máximo de efectos e sensacións á persoa observadora. Quere reflexar a relación entre o home e a terra, o medio ambiente e o mundo.
As peculiares condicións climatolóxicas destes dous cursos escolares e a idade do alumnado participante (entre 3 e 7 anos) obrigounos a introducir variacións no proxecto inicial e desenvolver nos espazos do centro escolar e nas aulas actividades que estaban pensadas para realizar no exterior así como introducir os materiais naturais presentes na contorna.
Esta circunstancia non supuxo ningún problema e ademais foi xeneradora de novas propostas que non figuraban no proxecto inicial tales como paisaxe de outono con Land Art dentro da escola, paisaxe de nadal con xoguetes elaborados polo alumnado con material de refugallo, paisaxe de primavera repetindo a experiencia de Land Art nas zonas verdes do recinto escolar e implicando a 375 nenas e nenos.

OBXECTIVOS

  Con respecto ao grao de consecución dos obxectivos temos que comentar que é un proxecto que vai medrando, consideramos acadados os obxectivos propostos no proxecto inial e temos que engadir outros. O feito de introducir materiais da natureza propios das distintas estacións na aula (cunchas, area, pedras, paus, ramas, follas, froitos secos, terra, sementes, piñas, carozos, pétalos, frores,…) abreu un abano de posibilidades de creación, experimentación, coñecemento, exploración, xeneralización,… que facilitaron o desenvolvemento de contidos curriculares tales como: seriacións, figuras xeométricas, conceptos de cantidade,  clasificacións, descripcións, adquisición de léxico, achegamento aos textos descriptivos e expositivos, desenvolvemento da creatividade… e todo iso parello á consecución dunha maior sensibilidade hacia o coidado e embelecemento da contorna, extensible ao medio ambiente.
Sendo un centro escolar tan preto do casco antigo da cidade de Compostela engadimos ao noso proxecto a paisaxe urbana e organizamos un roteiro matemático. O obxectivo deste roteiro foi “descobrir a xeometría en tres dimensións como parte fundamental do espazo no que desenvolvemos a nosa actividade cotiá (aula, recinto escolar, cidade)”

ORGANIZACIÓN

 

 

 
No primeiro trimestre do curso comezamos transformando un espazo dos corredores do centro escolar en recuncho do outono onde cada persoa titora, co seu grupo de alumnado, participou nunha instalación interior realizada con materiais recollidos na contorna no outono e non perecedeiros. En colaboración co equipo de Dinamización Lingüística neste recuncho colocáronse frases poéticas, cánticos, refráns,… en galego que tiveran que ver coa mencionada estación; tamén foi o recuncho onde se desenvolveu unha exposición de cabazas para conmemorar o Samaín. Esta instalación transformouse en piñeiro polo nadal. Os materiais que se recolleron e que tamén aportaron as familias froito de saídas cos seus fillos e fillas por distintas paisaxes pasaron a formar parte duns fondos que permitiron seguir traballando con eles nas aulas. Neste mesmo tempo iniciamos a recollida de tapas de botellas de plástico e envases de bebibles lácteos para elaborar con eles unha escultura co fin de tomar conciencia acerca do lixo que xeneramos e de recuperación destes dun xeito artístico.
Tamén no primeiro trimestre foi cando se levou a cabo o roteiro matemático polo casco antigo da cidade cos obxectivos de coñecer a cidade e localizar formas xeométricas na arquitectura. O alumnado iba provisto de cámaras de fotos para  recoller todas aquelas instantáneas que se axustasen ao noso obxectivo; estaban organizados en grupos de cinco e cada membro do grupo podía realizar 7 tiradas, esta condición obrigounos a levar un rexistro matemático dos turnos e das fotografías que xa realizara cada nena e neno. Estas imáxenes plasmáronse nunha exposición de fotografías en branco e negro para poder compartilas co alumnado que non participou desta experiencia.
No nadal o piñeiro elaborado con materiais da contorna completouse cunha exposición sobre xoguetes elaborados nas aulas con material de refugallo co fin de provocar unha reflexión sobre o consumismo propio desas datas e para descubrir que o máis importante é ter con quen xogar e non tanto con que xogar.
No segundo trimestre as accións centráronse nas aulas creando instalacións en pequeno grupo ou parella buscando a interacción cos materiais aportados no primeiro trimestre. Incluíronse tamén as tapas e botes de plástico para contrastar “paisaxes creados con elementos naturais” con “paisaxes creados con elementos de desfeito”.
Aportamos os caixóns de area, como soporte discontinuo, que permiten experimentar cos materiais dun xeito diferente aos soportes continuos.
Na culminación do proxecto e no terceiro trimestre realizamos unha instalación de Land Art onde participaron un total de 375 nenas e nenos. Nesta ocasión foi fundamental a colaboración das familias aportando materiais naturais propios da primavera e que, as abundantes choivas, impediron que os recolléramos nós. Previo ao día grande nas aulas houbo un traballo de visionado da obra de Richard Shilling e Andy Goldsworthy, os artistas Lan Art que nos sirven de referencia, revisamos os vídeos que recollían a instalación realizada no curso anterior, as fotografías que plasmaban as creacións realizadas por eles mesmos na anterior ocasión e realizamos os bocetos do que lles gustaría crear no exterior.