Saltar navegación

Material manipulativo para lectoescritura

 

Para axudar aos nenos e nenas na adquisición da lectura e da escritura é importante facilitarlle  experiencias e actividades diferentes que estimulen todos os sentidos, desperten a súa curiosidade e faciliten o mantemento da súa atención.

Na escola utilizamos diferentes materiais sensoriais en todas as fases da aprendizaxe da lectura e da escritura. Aquí deixaremos unha pequena mostra de materiais que as familias poden utilizar na casa, xa que son sinxelos, cotiás e accesibeis.

Letras móbiles

No mercado existen moitos modelos de letras móbiles: madeira, magnéticas, cores, fieltro,... Se o neno ou nena está no inicio da aprendizaxe, é máis interesante que estas letras sexan maiúsculas. Cando as mercamos, xeralmente estes productos non teñen a letra Ñ, polo que teremos que convertir algún N en Ñ.

Pero non necesitamos mercalas. Con papel, cartón, revistas, tapóns, pinzas da roupa,...  podemos ter na casa un universo infinito de letras para xogar. Aquí tedes exemplos, pero a vosa imaxinación será o mellor camiño:

Pezas de construcción. Un idea xenial!!!

Para introducir as letras minúsculas, podemos utilizar o mesmo tipo de materiais. É importante asegurarse do modelo de letra minúscula que se utiliza na escola. Xeralmente, ao inicio da primaria, ensinamos a letra script ou enlazada. Cando o proceso está máis adiantado, vanse introducindo as grafías da letra de imprenta. Para un neno ou nena que está aprendendo a ler e escribir pode despistalo se lle dicimos que a e a son a mesma letra. 

Para escribir

Ademáis de recoñecelas tamén hai que aprender a debuxalas, a escribilas. Os lápices, pinturas, rotuladores,... e o papel son imprescindibles, pero esta práctica tamén pode facerse sobre outras superficies e con outros utensilios, o que ademáis de apoiar a aprendizaxe da lectoescritura favorecerá o desenvolvemento da motricidade fina e a grafomotricidade.

Escribir co dedo ou cun pau sobre area fina, fariña, azucre... se o facemos na casa podemos utilizar unha bandexa, pero na praia é moi divertido!!! Sobre un cristal... a quen non lle apetece pasar o dedo!! Escribir sobre plastilina require ablandala e aplastala, favorecendo o movemento e a forza dos dedos.

Outro xeito de axudarlles na escritura é facer letras con papel rugoso, papel de lixa, unha tela suave, corcho,... é dicir, sobre texturas diferentes, para que pasen o dedo por riba, aprendendo o camiño para debuxalas.

Para crear

Construir letras tamén é divertido, sobre todo as maiúsculas. Con paus, pezas de construcción, plastilina... Por certo, se vos quedades sin plastilina na casa aquí tedes unha receta para facer plastilina caseira.