Apps para Android

1.- MySugr.

Ideada para ususarios con diabetes, MySugr Logbook é unha app que permite levar un rexistro do  azucre que consuminos cos nosos alimentos. En educación podemos usala dun xeito universal, para que o alumnado investigue as cantidades de azucre que implican certas comidas, ou para descubrir como mellorar a súa alimentación en relación ao azucre.

2.- MyFitnessPal.

Unha das apps máis coñecidas para saber as calorías dos alimentos é tamén un excelente complemento para fomentar unha boa alimentación. My Fitness Pal ten unha enorme base de datos que nos da a composición de case calquera alimento, ademáis das kilocalorías que aporta e moitos outros datos, tanto de ingredientes soltos ata marcas e alimentos xa preparados. Una plataforma excelente tanto na versión web como na app.

3.- Shopwell Diet, Allergy Scanner.

Como coñecer os alimentos que inxerimos? Son saudables? ShopWell é unha app que permite coñecer ao momento información relativa a todo tipo de productos, con só escanear  o seu código de barras. Esto permitirá que, por exemplo, os nenos e nenas traian caixas, envoltorios,... de alimentos e que xuntos os vaiades coñecendo a través desta app, compartindo os resultados.

4.- Diana come sano.

A Fundación Mútua General de Catalunya publicou Diana come Sano, unha app completamente gratuita na que xogaremos con Diana, unha xove rubia que nos guiará por diferentes xogos e puzzles cos que aprender os principios básicos dunha boa alimentación.

5.- EatSmart, wight loss game.

Eat Smart é unha aplicación orientada aos nenos e nenas a partires dos 4 anos. Trátase dun xogo de plataformas no deberán ir saltando para avanzar en cada nivel, procurando evitar a comida prexudicial e preferindo a saudable. Sinxela e divertida para xogar un rato.

6.- Fooducate.

Fooducate pon nunha app todo o necesario para levar unha dieta saudable e equilibrada. Nun ámbito educativo é interesante, por exemplo, para comprobar si as comidas que fan os nenos e nenas son saudables ou non, e como poden mellorar, grazas ao rexistro de saúde que inclue e que permite escanear os códigos de barras dos alimentos.

Última modificación: Domingo, 11 de Novembro de 2018, 22:18