Skip to Content

PDI

Proxecto Documental Integrado

Manu San Félix no Piñeiriño

Este mércores tivemos a sorte de poder asistir a unha conferencia e obradoiro a cargo de Manu San Félix e o seu equipo. Foron os maiores do colexio (3º, 4º, 5º e 6º de primaria) os afortunados que puideron compartir a experiencia con este gran profesional. Comezouse coa proxección dun documental e un coloquio no que os nenos e nenas (de 3º, 5º e 6º) puideron facerlle ao biólogo as preguntas que lle xurdiron. A continuación foi o turno dos nenos e nenas de 4º que participaron dun obraoiro no que, entre outras cousas, diseccionaron mexilóns. 

Como agasallo Manu San Félix deixounos unha mostra das súas fotografías.

Moitas grazas polo bo momento compartido e por todo o que aprendemos!

 

 

Si queredes ver como recolle a prensa esta experiencia, so hai que clicar nas imaxes.

                     

Acceso á prensa                          Acceso á prensa

 

PDI 2019-2020: O MAR

Onte comezamos o noso PDI deste curso.Foi unha mañá de sorpresas, con sons que nos tiveron espectantes boa parte do tempo. Pero o tema escollido ben o merecía. Este curso O Piñeiriño súmase ao movemento verde centrándonos no medio mariño ao que tanto debemos na nosa zona. Que problemas ten o mar por culpa da contaminación? Como está afectando aos animais mariños e a nós mesmos? Como podemos aportar o noso gran de area para poñer fin a esta situación? Intentaremos respostar a estas e outras preguntas entre todos/as este curso.

 

Como todos os momentos importantes da vida deberían ter unha música na nosa mente, esta é a que escollemos para o noso PDI. Esperamos que a disfrutedes!

 

PDI O PIÑEIRIÑO, NATURALMENTE

Clica na imaxe para ver o documento

Dende as illas da Paz

Coa comemoración do Dia da Paz, as nosas amigas viaxeiras fixéronnos unha visita para ver como progresaban os nosos traballos. 

Despedida das turistas o natural

Como non podía ser doutra maneira as nosas turistas o natural tamén querían despedir o curso, se pinchades na imaxe poderedes ver a súa despedida.

O arte no Piñeiriño Naturalmente

Unha das partes do noso PDI relacionase o arte e a natureza, no seguinte power point podedes ver algunha das mostras que se atopan nos corredores.

Pica a imaxe para poder vela

PDI O PIÑEIRIÑO, NATURALMENTE

Para comenzar o PDI deste curso que leva por título O PIÑEIRIÑO, NATURALMENTE tivemos a visita dunhas viaxeiras que percorren os coles para o estudo da flora e fauna do lugar.

Para que podades ver a súa presentación aqui vos deixamos este video. ( picade na imaxe para ver o video)

A NOSA BIBLIO

lia

Unha gran noticia: o cole foi premiado no III concurso de Traballos por proxectos coordinados dende a biblioteca escolar, dentro da temática científica. Si queredes coñecer o Proxecto Documental Integrado que se presentou a este concurso, premede sobre a estrela premiada.

Se queredes coñecer outros proxectos premiados, premede aquí.

PDI Ceip O Piñeiriño Curso 2015-2016

Neste Curso dende a biblioteca propuxémoslle a todos os docentes do centro levar a cabo un Proxecto Documental Integrado, sobre a ciencia. Eliximos diferentes proxectos relacionados coa ciencia que distribuimos nos diferentes niveis e cursos do centro.

No seguinte vídeo podedes ver como foi o seu desenvolvemento,preme na imaxe.

Distribuir contido


by Dr. Radut