ACTUALIZACIÓN 14/07/2020
XA ESTÁN PUBLICADAS AS LISTAS DEFINITIVAS DA CONCESIÓN DE AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL: PÓDESE ACCEDER A TRAVÉS DESTE ENLACE NA PROPIA APLICACIÓN DE FONDOLIBROS ENTRANDO COMO "CIDADÁNS" PARA VER A RESOLUCIÓN CON CHAVE365 OU CERTIFICADO DIXITAL.
NO TABOEIRO INTERIOR DO CENTRO PUBLICARANSE AS SOLICITUDES EXCLUÍDAS E A RAZÓN POLA CAL SE EXCLÚEN, ASÍ COMO OS LIBROS CONCEDIDOS AOS CURSOS DE FONDOLIBROS (3ºEP E 4ºEP).
SE O ALUMNO/A NON APARECE NA LISTA, QUERE DICIR QUE A AXUDA PARA LIBROS E MATERIAL FOI CONCEDIDA.
OS VALES E LIBROS DE FONDOLIBROS ENTREGARANSE A PRIMEIRA SEMANA DO MES DE SETEMBRO.
__________________________________________
Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar para o curso 2020-2021
Orde 12 de maio de 2020
PREFERENTEMENTE faranse as solicitudes de forma TELEMÁTICA a través da aplicación Fondolibros : manual para os cidadáns
SE NON TEDES CHAVE365 ou certificado dixital, TEDES QUE ACCEDER ONDE PON PRESENTACIÓN PRESENCIAL E CUBRIR ANEXO I E ANEXO II, PÓDESE CUBRIR XA ONLINE E DESPOIS IMPRIMIR OS DOCUMENTOS E FIRMALOS.
Deixamos aquí un documento adxunto con instrucións por parte do centro.
IMPORTANTE: SE UN DOS IRMÁNS VAI PARA 5º OU 6º (CURSO CON EDIXGAL) TEÑEN QUE FACERSE SOLICITUDES INDIVIDUAIS.
UNHA VEZ FEITA A SOLICITUDE, PARA ENTREGAR DOCUMENTACIÓN NO CENTRO FARASE CON CITA PREVIA chamando ao 986 50 43 66.
Lembrade que o tope máximo de renta per cápita non debe superar os 10.000€ para ter dereito a algunha das axudas
PRAZOS: DO 20 DE MAIO DE 2020 AO 19 DE XUÑO DE 2020