Skip to Content

Actividades

CALDO PARA UN SABOROSO ANO

Familias do Piñeiriño...
@s alumn@s do colexio,  con moita ilusión ,elaboraron un caldiño cheo de ingredientes indispensables para saborear o vindeiro ano.
Disfrutade de cada un deles, pois todos aportan un sabor único e especial.

Desexámosvos que pasedes unhas felices festas.

 

LETRAS GALEGAS

Conmemoramos o día das Letras Galegas!

Tivemos a sorte de contar con un espectáculo de música tradicional galega, da man do grupo monifates.

 

E como non, tamén profundizamos na vida da autora homenaxeada, Luisa Villalta.

Os Maios

Como cada ano, celebramos os maios no noso cole!

Cada grupo encargouse de confeccionar un maio, e quedaron ben chulos!

Mirade, mirade ...

 

INFANTIL

4º 5º 6º PRIMARIA

 

1º 2º 3º PRIMARIA

 

8 de Marzo

Conmemoramos o día da Muller!

Para iso, gracias á colaboración das nosas familias, fixemos unha recolleita das mulleres imprescindibles do noso alumnado.

 

Día de Rosalía 2024

Queridas familias!

 

Chegou o esperado 23 de Febreiro, o día de Rosalía.

Este ano tocou "animar" o seu poema 

"Cando a Luniña aparece".

 

Entroido 2024

Boas familias!

Este Entroido continuamos coa nosa viaxe por Galicia...

E este ano tocou desprazarse ata a comarca do Ulla, para coñecer ós Xenerais do Ulla.

O alumnado de 6º explícanos todos os detalles, mirade que ben o fan!

 

 

Ata o ano que ven!!!!!

25 De Novembro

O Piñeiriño conmemorou o 25 N

Para iso, elaboramos unhas siluetas decorándoas de xeito libre, pero relacionado co día a conmemorar.

Así mesmo, cantamos ao son de "Matriarcas".

Aquí vos deixamos unha pequena mostra do que fixemos.

 

SAMAÍN 2023

Samaín 2023

A pasada semana estivo cargada de misterios e emocións.

Celebramos o Samaín!

Grazas á colaboración de toda a comunidade educativa, tivemos a gran sorte de poder disfrutar do tunel do medo...

Animádesvos a facer unha visita virtual????

 

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

Queridas familias! Aqui estamos de novo.

Esta vez, para mostrar o que estivemos a facer para festexar as "Letras Galegas 2023".

Unha semana chea de actividades, emocións, festas ... E moita lingua!

Mirade o resumo ...

MAIOS 2023

O pasado Venres, celebramos os Maios no cole!

Foi moi divertido continuar con antigas tradicións.

Mirade, mirade!

Distribuir contido


by Dr. Radut