Aínda que dunha maneira un pouco diferente, o curso está a rematar. Desde a biblioteca queremos agradecer a todas as familias a súa asistencia polas tardes dándolle vida ao recuncho preferido de Lelucha, a participación en actividades como as mochilas viaxeiras ou bolsas de empréstito de infantil, a súa colaboración nas propostas que fixemos desde o equipo de apoio á biblioteca (tanto de maneira presencial como online) e por axudarnos a poñer en valor o noso maior tesouro, os libros.
Compartimos as nosas recomendacións lectoras "Ao carón do mar" por si queredes usalas de guía nas vosas futuras compras. Nós seguiremos promocionando os libros (non só estos, senón todos) porque son as mellores portas e fiestras en tempos de confinamento, os nosos mellores compañeiros de viaxe sen sair da casa ou saíndo, os mellores medios de transporte cara o mundo da fantasía e imaxinación e por suposto tamén o mellor microscopio para investigar e aprender sobre o que nos apeteza.
Felices vacacións a tod@s!!!!