ACTUALIZACIÓN (27/05/2020)
Unha vez rematado o prazo, comunicamos que TODAS AS SOLICITUDES DE ADMISIÓN FORON ACEPTADAS. AS LISTAS DE ADMITIDOS PROVISIONAIS ESTÁN COLGADAS NO TABOEIRO NO INTERIOR DO CENTRO OU PODEN SOLICITARSE EN SECRETARÍA DE FORMA PRESENCIAL OU A TRAVÉS DO TELÉFONO DO CENTRO: 986 50 43 66.
A formalización da matrícula será do 1 ao 10 de xullo.
REAPERTURA PROCESO DE ADMISIÓN:
Bos días familias. Informámosvos que a partir do vindeiro luns 11 de maio e ata o 18 de maio, reábrese o proceso de matrícula. Atenderemos ás familias que necesiten entregar a documentación no centro de 09.30h a 14.30h.
É necesario que pidades cita previa chamando ao teléfono do centro: 986 50 43 66
Agardamos que todo estea ben. Moito ánimo a todxs!
IMPORTANTE: Restablecemento de prazos.
RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2020-2021
DOCUMENTACIÓN QUE SE DEBE ACHEGAR COA SOLICITUDE:
a) Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando denegue a súa consulta.
b) Documento acreditativo da idade do/da alumno/a.
c) Documento acreditativo de estar en disposición de reunir os requisitos académicos esixidos en cada nivel educativo ou etapa.
d) Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.
Poden consultar a normativa que regula o proceso de admisión de alumnado premendo nos seguintes enlaces:
Vacantes ofertadas no CEIP O Piñeiriño para o curso 2020-2021:
EDUCACIÓN INFANTIL
- 4º E. INFANTIL → 50
- 5º E. INFANTIL → 12
- 6º E. INFANTIL → 9
EDUCACIÓN PRIMARIA
- 1º E. PRIMARIA → 34
- 2º E. PRIMARIA → 17
- 3º E. PRIMARIA → 24
- 4º E. PRIMARIA → 12
- 5º E. PRIMARIA → 9
- 6º E. PRIMARIA → 5
Vacantes publicadas con data 22 de febreiro de 2020
.
INFORMACIÓN DE INTERESE
Para reservar praza con vistas ao curso que vén, o formulario que hai que cubrir é o Anexo I ED550A (en pdf máis abaixo) que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación «admisionalumnado», na páxina web da consellería competente en materia de educación e na secretaría deste centro. Para consultar a guía sobre como cubrir de forma sinxela a solicitude na aplicación clicade AQUÍ.
Os pasos son os seguintes: Solicitude- Reserva- Crear
IMPORTANTE: Esta solicitude deberase presentar no centro educativo de orixe ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisará a Chave365 ou certificado dixital.
- Cada solicitante presentará unha única solicitude no centro no que solicita praza en primeiro lugar, podendo poñer ata 6 centros por orde de preferencia, sendo nulas as solicitudes que se presenten en dous ou máis centros.
- A solicitude terá que estar asinada por calquera das/os titulares da patria potestade ou representantes legais.
No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambos proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles.
No suposto de alumnado afectado por situación de violencia de xénero non será exixible o previsto no parágrafo anterior.
- O alumnado xa matriculado ten garantía de permanencia no centro. No caso de presentar una solicitude de admisión noutro centro distinto deberá comunícalo, ao mesmo tempo, no centro de orixe.
- O alumnado que reserve praza terá que formalizar a matrícula nas datas establecidas.
As zonas de influencia do centro son:
- Urbanización do Piñeiriño.
- O Piñeiro.
- Vilaboa.
- Figueirido.
- Fontecarmoa (compartido coacomunidade educativa de A Lomba)
- O Castriño: dende o edificio Guernica cara Vilaxoán.
- Parroquia de Sobradelo: dende a rúa San Cibrán (non incluída) cara Vilaxoán.
Instituto ao que estamos adscritos: IES Fermín Bouza Brey
Servizos complementarios do centro:
- Transporte escolar. Dúas rutas: RUTA I (Vilaboa, Figueirido I, Figueirido II, Canelas, Ferrazo-Lago) e RUTA II (Xesteira, Piñeiro, Renza).
- Comedor escolar, xestionado pola ANPA.
- Plan Madruga, xestionado pola ANPA.
A ANPA do colexio organiza tamén, en función da demanda, Actividades Extraescolares, entre outras actividades.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
MODELO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN_ED550B-G.pdf | 1.13 MB |
cartel entrada.pdf | 291.61 KB |
PLAZOS MATRICULA.pdf | 48.34 KB |