Onte comezamos o noso PDI deste curso.Foi unha mañá de sorpresas, con sons que nos tiveron espectantes boa parte do tempo. Pero o tema escollido ben o merecía. Este curso O Piñeiriño súmase ao movemento verde centrándonos no medio mariño ao que tanto debemos na nosa zona. Que problemas ten o mar por culpa da contaminación? Como está afectando aos animais mariños e a nós mesmos? Como podemos aportar o noso gran de area para poñer fin a esta situación? Intentaremos respostar a estas e outras preguntas entre todos/as este curso.
Como todos os momentos importantes da vida deberían ter unha música na nosa mente, esta é a que escollemos para o noso PDI. Esperamos que a disfrutedes!