Eventos
Este venres 2 de Decembro visitan o noso colexio dous dos científicos que están realizando o seu doctorando no laboratorio de xenética da facultade de veterinaria de Lugo (USC). Na súa visita amosaranlle os nenos/as de 6ºE.P. diferentes partes do estudio que están a levar a cabo cos PEIXES CEBRA.
MAÑÁ VENRES 9 DE DECEMBRO VISITARÁN O NOSO COLE TRES MEMBROS DA ONG " A.I.R.E."
Na súa visita compartirán con todos nós a situación que viven un gran número de nenos e nenas sirios, que pasan os seus días nun campo de refuxiados sen máis equipaxe que o seu sonrriso e as ganas de vivir.
O próximo venres 16 de Decembro celebraremos a 2º xornada de convivencia con integrantes da asociación CON ELES ( centro de día para atención de persoas maiores con discapacidade psíquica). Temos preparada unha xornada de contos, bailes, cancións, manualidades e como non unha boa merenda, que elaboraremos entre todos na nosa cociña.
Esperamos que entre todos pasemos unha boa xornada de convivencia e aprendizaxe.
Xa chegou o remate do primeiro trimestre deste curso, despois de moito traballo e sen deixar de aprender, os rapaces e rapazas do colexio xunto cos seus mestres, prepararon un festival para compartir entre todos o día 21 de decembro. Despois dunha xornada de cancións, bailes, chistes e sorrisos damos a benvida a unhas merecidas vacacións.
Vémonos de novo o 9 de Xaneiro. Felices Vacacións.