PROXECTO BOSQUE ATLANTICO
O martes 15 de outubro os alumnos e alumnas de 5º E.P. recibiron a visita de Marcos Guiadanes Figueiras, educador ambiental do programa BOSQUE ATLANTICO.
Marcos presentounos as principais especies arbóreas, orixinais do subsector bioxeográfico das Rías Baixas, e falounos do problema que ocasiona a súa desaparición para a biodiversidade nas nosas rías. Con un pouco de información das distintas especies, algo de historia, pequenas anécdotas e con un bo divulgador como Marcos, os nenos e nenas estiveron moi interesados nesta flora autóctona galega e a importancia de coidala e protexela.
Para rematar esta formación Marcos presentoulles aos nenos e nenas un xogo ( adaptación do xogo de oca a oca) no que puxeron en práctica os coñecementos adquiridos.
Esta actividade ( realizada no centro escolar) estivo subvencionada polo concello de Vilagarcía de Arousa. No mesmo proxecto hai unha actividade para desfrutar da natureza que trataremos de realizar na primavera.
Foi unha xornada formativa moi interesante e entretida. Moitas gracias Marcos.