Entroido tradicional de Vilardevós
Entroido tradicional, Vilardevós ( Ourense). Chocalleiros
Curso 2023/24
Obxectivos:
- Coñecer o entroido tradicional de Viladervós ( Ourense)
- Elaborar un traxe de Chocalleiro
Competencias: CCL, CD, CPSAA, CC, CE, CCEC
Materias: Lingua galega e literatura, Educación plástica e visual e ciencias sociais.
Tarefa:
O noso centro participa nun programa relacionado co entroido tradicional dos diferentes lugares de Galicia. Este curso o entroido escollido son os Chocalleiros de Vilardevós en Ourense.
O alumando de 6º curso disfrazámonos de Chocalleiros e fomos o 2 de febreiro ata Lamas de Abade (Santiago de Compostela), onde se celebra a mostra de entroido tradicional.
A primeira parte foi a investigación do traxe e da zona onde é tradicional.
A segunda parte é a elaboración do traxe. Para iso o alumnado tivo que traer unha tela que sería a base da capa. As cintas de cores neste caso as fixemos de bolsas de lixo recortadas. O alumnado en grupos de traballo, preparaba, recortaba e clasificaba as tiras. Despois eses mesmos grupos dedicouse a pegar esas tiras na capa.
Por outra banda elaboráronse as “botas” e os gorros de Chocalleiros engadíndolles a mascota do centro “Viondiño”.