Tarefa para a sesión de traballo en grupo do día 22 de xaneiro
Para a sesión de traballo en grupo, a xeito de repaso do visto ata o de agora sobre o Encerado Dixital Interactivo (EDI), propónsevos a realización das seguintes tarefas:
- TAREFA 1 (en grupos):
Nos encerados dixitais da marca Smart que teñades repartidos polo centro, instalar e/ou actualizar o software que teña o seu equipo asociado á versión 11, tal e como fixemos o xoves pasado, incluído a Gallery Essential e o Lesson Activity Toolkit.
- TAREFA 2 (en grupos):
Nos mesmos encerados dixitais que para a tarefa 1, probar o seu manexo como dispositivo sinalador, é dicir, manexar o equipo empregando o encerado dixital e botando man das ferramentas flotantes (anotación en pantalla, sombra de pantalla).
- TAREFA 3 (individual):
-
Un ficheiro .notebook que conteña unha actividade con elementos tipo "Imaxes".
-
Un ficheiro .notebook que conteña elementos do tipo "Contidos interactivos e multimedia".
-
Un ficheiro .notebook que conteña un elemento do tipo "Páxinas e ficheiros de Notebook".
Empregando calquera equipo que teña o SmartNotebook 11 instalado, utilizade este programa para crear actividades que poidan aproveitarse para algunha das temáticas ou unidades didácticas que traballedes nas vosas clases. En concreto, proponse que empreguedes elementos das galerías incorporadas ao Notebook e a partir delas crear os seguintes ficheiros:
- TAREFA 4 (individual):
Última modificación: mércores, 14 de marzo de 2018, 11:48 AM