Skip to Content

SEGUNDA AVALIACIÓN

O C.E.I.P. Plurilingüe Pepe de Xan Baña mantén o calendario previsto de peche da segunda avaliación, tal e como din as instruccións da Consellería de Educación, Universidade e FP.

O venres 3 de abril procederemos á difusión das cualificacións parciais ás familias.

Cómpre ter presente o contexto de excepcionalidade sen precedentes causado pola alarma sanitaria.

Según dictan as autoridades educativas, para a cualificación das materias só se ten en conta o traballo desenvolvido polo alumnado ata o 13 de marzo cando foi suspendida a actividade presencial.

As cualificacións serán consultables a través da aplicación móbil Abalar o día 3 de abril ás 14.00h.

As familias que non teñan activada a aplicación serán informadas polos titores ou polo equipo directivo.



blog | by Dr. Radut