Hoxe abre o prazo para que as familias soliciten axudas de comedor escolar
- Poderán acollerse a estas axudas as familias que durante o curso teñen o comedor de balde ou pagan 1 €/día por menú nos comedores escolares xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional
- Tal e como se publica hoxe no Diario Oficial de Galicia, o prazo para solicitar as axudas estará aberto ata o día 6 de abril
- As solicitudes deberán tramitarse de xeito telemático na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal ), e no caso de que as familias non dispoñan de acceso electrónico, poderán solicitar a colaboración do seu centro educativo
- A Consellería de Educación destina un total de 3 millóns de euros para asumir a compensación do custe diario por comensal ás familias
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200330/AnuncioG0534-270320-0001_gl.html
Enlace directo á ED601B - Axuda extraordinaria comedores escolares na sede electronica.
Enlace documento AXUDA EXTRAORDINARIA COMEDORES ESCOLARES:
https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED601B&anno=2020&num...
Adxunto | Tamaño |
---|---|
23317977.pdf | 1017.74 KB |