Finalmente puidemos celebrar o Magosto. O alumnado de 6º de primaria foi o organizador dos xogos nos que participaron 8 equipos capitaneados por alumnos de 5º de primaria.
Fixeron un excelente traballo!
O mesmo día pola tarde os voluntarios de ALCOA achegáronse ao centro para rematar de instalar a nova bancada e as papelerías de separación de residuos GRAZAS o plan ACCIÓN deste ano: PATIOS LIMPOS
O pasado xoves veunos visitar a muralista Diana Rodeiro para pintar o mural de Rosalía que podedes ver na entrada de infantil.
Por último: Alumnado de 3º a 6º de primaria participou nunha carreira de cros en Lourenzá. Corrimos con máis de 900 atletas de toda a Mariña Lucense.