Skip to Content

CURSO 2021-2022

Rap do Península da Paz

De lunares!

Día de voluntariado no plan ACCIÓN DE ALCOA.

GRAZAS de novo a todos os participantes!!!!

https://youtu.be/XM0MXNyJuP0

Comezamos!!!! Novidades cara o curso 21-22

Xa arrancamos o curso 21-22. Dende o equipo directivo e en nome de todo o profesorado desexamos que teñades un curso estupendo!!!

Estas son as novidades que temos este ano:

1- MOITAS CARAS NOVAS!!!!. Comezamos o curso con 13 alumnos máis que o curso pasado. 

Temos matriculados 155 alumn@s: 54 en infantil e 101 en primaria. 76 nenos e 79 nenas. 

En canto a mestres tamén comezamos con moitas novidades:

  • Rebeca en 4º de infantil.
  • Binta en 1º de primaria.
  • Tuan en 2º de primaria.
  • Remedios en 4º de primaria
  • Volta con nós Sonia para 5º de primaria, xa recuperada da súa lesión.
  • Repescamos a Jaime no último segundo e segue cos seus alumnos en 6º de primaria.
  • Tamén segue con nós  Sara en música pero agora como funcionaria en prácticas. Noraboa, Sara!!!
  • No equipo directivo fichamos á mestra Alicia para a secretaría.

2- ESPAZOS REACONDICIONADOS:

  • Fixemos unha boa expurga e reorganización dos depachos e almacenes.
  • O concello puxo tarima en toda a biblioteca.

3. NOVOS EQUIPOS INFORMÁTICOS:

Coa financiación de ALCOA e en coordinación coa Consellería de Educación e a dirección do centro, mercamos equipos portátiles e tablets para cada unha das titorías e outros espazos coma a biblioteca e a sala de mestres. 

4. PROXECTOS:

Temos solicitados de novo os CONTRATOS-PROGRAMA, PROA e ARCO +.

Concedéronnos un ano máis o PLAN ACCIÓN de ALCOA. Temos previsto cambiar a imaxe do patio cun proxecto decorativo que ten como referente a artista nipona YAYOI KUSAMA.

GRAZAS A ALUMNADO, PAIS E NAIS, MESTR@S, CONSERXE, PERSOAL DE COCIÑA, TRANSPORTE E LIMPEZA... POR FACER QUE ESTE CENTRO SEXA CADA VEZ MÁIS GRANDE. SODES OS MELLORES!!!!

5. CALENDARIO ESCOLAR 21-22

 Os días escollidos polo claustro como non lectivos son o 7 de decembro e o 16 de maio. Pendentes de aprobación do Consello Escolar.

Ao final da publicación podedes acceder ao arquivo adxunto co calendario completo: 

 

 

Calendario Escolar 2021-2022

Benvidos/as a un novo curso escolar! Aquí tedes o calendario deste ano. Os dous días non lectivos : 7 de decembro e 16 de maio son os días escollidos como non lectivos polo centro, ainda que están pendentes de aprobación no consello escolar.

Ver calendario ampliado no arquivo adxunto.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut