Tendo en conta as circunstancias que estamos a vivir e sendo conscientes da importancia que ten unha boa alimentación para as nosas defensas, decidimos, dun xeito bastante diferente a como o viñamos facendo, seguir participando nas semanas da ¨Froita Fresca na Escola¨. Eleximos unhas froitas que nos permitisen garantir todas as normas COVID e optamos por repetilas na segunda semana cambiando a variedade.