Skip to Content

FROITA

BISCOITO DE CABAZA

Este Magostín, na clase de 3 anos, xogamos coas cabazas, coas castañas, disfrázamonos ... e para repoñer enerxías fixemos un saboroso biscoito de cabaza.

Aquí tedes a receita para que o fagades, a nos encantounos.

 

PROXECTA 2024-2025

Un ano máis, dende a Comunidade Educativa, damos a benvida a alimentación saudable.

 

FESTA DE FIN DE CURSO

Este fin de curso foi un pouquiño diferente, pois fíxose a festa conxunta, organizada en colaboración coa ANPA. Invitáronse as familias e con unha merenda a base de froita e bocadillos, tendo en conta todas as intolerancias e alerxias, xuntos, despedimos o curso académico 2023/2024.

REVISTA ESCOLAR

Na revista escolar este curso intentouse facer un resumo das actividades levadas a cabo en cada estación

.

 

FROITAS AO ESTILO POP ART

Na clase de terceiro eleximos cada un a nosa froita favorita e creamos un debuxo con estilo Pop Art. O fixemos con rotuladores e moitas cores. O obxectivo é que chame a atención e desperte o noso interese por probar as froitas.

 

 

CONVIVENCIA ESCOLA INFANTIL COTO TORRÓN

O alumnado de 4º de EI mantivo unha xornada de convivencia co alumnado da Escola Infantil Coto Torrón. Onde se fixeron distintas actividades e se compartiu unha merenda de froita.

NA PROCURA DAS ÁRBORES FROITEIRAS

O alumnado de Educación Infantil na clase de psicomotricidade visitou a horta e percorreu o recinto escolar na procura da árbores froiteira. E despois de tanto camiñar saboreamos unhas deliciosas ameixas dunha das nosas ameixeiras. 

 
 

MACEDONIA DE FROITA

Na clase de 2ºB o alumnado fixo unha saborosa macedonia de froita fresca.

MERCADO NA CLASE DE 2ºB

Oalumnado de segundo convertiu a clase nun mercado de froita. Que xeito máis motivador de prepararse para a vida e aprender matemáticas.

 

COIDAMOS O PLANETA

Facendo psicomotricidade decatámonos que algún despistsdo deixara lixo no patio e como somos moi responsables co planeta, revisamos espazos comúns, na procura de máis despistes.

MERENDAS SAUDABLES

A hora da merenda é un momento moi importante dentro do noso horario.

     

APRENDENDO SAUDABLEMENTE!!

O alumnado de 5 anos B, fai multitude de actividades, desenvolvendo a súa memoria, comprensión lóxico-matemática, linguaxe .... a vez que aprende a importancia dunha alimentación saudable.

TODO SAUDABLE

A clase de 5 anos B, aprende dun xeito moi saudable.

APRENDENDO CON FROITOS

O alumnado de 4 anos B aprende e disfruta, nas xornadas escolares, manipulando e degustando produtos frescos.

 

 

MURAL FROITEIRO

O alumnado de 5º de Primaria elaborou un mural sobre as propiedades beneficiosas e información básica de distintos tipos de froitas.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut