Skip to Content

3 anos B

PSICOMOTRICIDADE

Os nenos e nenas de 3 anos, traballan moito o concepto do espazo, a súa imaxe corporal, a coordinación dinámica xeral… nas sesións de psicomotricidade. Pero, á vez, tamén o pasan xenial, desfrutando cos xogos e actividades. Aquí vos deixamos un resumo dalgunhas actividades que fixemos:

Proxecto do circo!

Ola familias!

Déixovos unhas imaxes do proxecto do Circo que fixemos cos compis de 3 anos A. Pasárono moi ben durante o proceso de gravación!

Unha aperta. 

 

 

As eirugas construíron a súa crisálida!

Ola familias! 

 

Temos novas para contarvos! 

 

Despois de moitos coidados, algunhas das nosas eirugas xa construíron a súa crisálida! Puidemos observar dúas crisálidas diferentes, facer comparacións de cores, falar sobre a súa forma ovalada...

 

Os/as peques están impacientes por ver a bolboreta que vai a saír desa crisálida. Pero para iso, temos que esperar o tempo que a natureza requira, que é a máis sabia! 

 

Mentres tanto, todos e todas poremos da nosa parte e lle daremos tranquilidade ás eirugas para que fagan a súa metamorfose. Estaremos moi atentos e atentas e vos informaremos de calquera novidade! Por suposto, este acontecemento tan importante tivemos que rexistralo para que non se nos esqueza.

 

Unha aperta!

 

 

 

 

VERMES DE SEDA

Boas familias!

 

O pasado xoves León deixounos na clase uns ovos diminutos. Primeiro, preguntámonos que podía ser aquilo, algunhas cousas que saíron foron: arroz, bolas, papel... ata que pensamos en ovos! E entón fixemos hipóteses sobre que podía saír deses pequenos ovos. Algúns pensaron que ían saír cocodrilos, outros arañas, formigas... ata que o día seguinte naceu un  pequeno verme! E lle puxeron entre todxs o nome de Pepito. 

 

Agora todos os días empregamos a lupa de forma autónoma para mirar como van medrando, porque agora xa son máis de un... Ao final achegarnos á natureza, neste caso aos animais, é tamén achegarnos a nós mesmos/as, compararnos con eles, ver que temos en común e que non, coñecer o seu proceso de vida que é semellante ao noso...

 

Déixovos unhas fotos destes días e ao final un enlace que vos leva a unha presentación que estivemos mirando hoxe para coñecer mellor aos nosos vermes. 

 

Unha aperta!

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Enlace á presentación: 

 

https://drive.google.com/file/d/1wevhdFbvk-cdLz3HNGpAnddBWiWDhz71/view?usp=sharing. 

 

 

Visita da mamá de Carla.

Boas familias! 

 

Este luns tivemos unha visita moi especial. Viu ao cole Ana, a mamá de Carla, a lernos un conto: “Sant Jordi a la cova del drac”. Con ela coñecimos a lenda catalana de Sant Jordi e aprendimos palabras nunha nova lingua, o catalán. Ana foi súper expresiva e fixo que entendésemos o conto a pesar de que o catalán é unha lingua descoñecida para nós. Carla estaba moi entusiasmada! 

 

 

 

 

A nosa horta.

Boas familias! 

 

O pasado martes estreamos a nosa horta, como parte do proxecto Voz Natura. Cada un/a sementou chícharos na horta e logo en pequenos grupos plantamos amorodos nunhas macetas para colocar nas ventás da nosa aula. Agora temos que responsabilizarnos e coidar dos nosos cultivos para que medren. Así, coñeceremos de primeira man o que precisan as plantas para vivir, e seremos observadores/as de todo o proceso! Os/as peques gozaron moitísimo coas mans na terra!

 

Déixovos unhas imaxes do proceso! 

 

Unha aperta. 

 

#VozNatura 

#FundaciónSantiagoReyFernández-Latorre

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Elaboramos botellas da calma.

Ola familias! 

 

O xoves chegounos á clase unha caixa, e como todos e todas sabemos…unha caixa pode ter dentro moitísimas cousas! Coma sempre, o primeiro que fixemos foi elaborar hipóteses sobre que habería dentro dela. Así, algúns pensaron que dentro había un “dinocornio”, un chupete grande, un león, un bebé... 

 

Cando o encargado a abriu, había botellas baleiras, outras cheas dalgún líquido que descoñecíamos, unha mensaxe cuns pasos que tiñamos que seguir, purpurina, cousas bonitas coma caras sorrintes, corazóns, pompóns, estrelas... e un conto! “Todo o que sei cando me enfado”.

 

No conto, a protagonista cóntanos que todos e todas nos enfadamos, que é algo inevitábel. Sabemos que é unha sensación pouco agradábel, e por iso, cando nos enfadamos, temos que procurar que se nos pase pronto e calmarnos. Podemos respirar, contar ata dez, poñer o noso reloxo de area e tamén xogar coa botella da calma. 

 

Hoxe elaboramos as nosas propias botellas da calma por pequenos grupos e no proceso traballamos moitas cousas: os números seguindo uns pasos para fabricar a nosa botella, a toma de decisións conxunta, a iniciativa, o respecto polos gustos dos demais, tempo de espera, incluso psicomotricidade fina! 

 

Déixovos unhas fotos do proceso por aquí en un vídeo na aula virtual!

 

Descubrindo o que había dentro da caixa.

 

Conto "Cando me enfado"

 

 

Lendo o conto.

 

Proceso de elaboración.

 

A nosa botella.

Distribuir contido


by Dr. Radut