Skip to Content

Proxecto de vida activa e deportiva

A música e os elementos

Neste curso tivemos un proxecto de centro sobre os elementos: Terra, auga, lume e aire. Dende música, para o entroido, cada ciclo realizou un baile relacionado con un elemento: para infantil o aire, para Primeiro ciclo de primaria a Terra, para o segundo ciclo a auga e para o terceiro ciclo, o lume.

Deste xeito, adaptáronse as cancións e os bailes para relacionalas cos elementos. Así o alumnado puido desfrutar, pasalo ben e facer deporte a través da música, do baile e relacionandoo co proxecto de centro nunha celebración de entroido na que foron ataviados para a ocasión.

Aquí deixo un ensaio con 1ºA e un enlace que remite a un vídeo creado do festival do entroido onde se poden ver todos os bailes dese día.

 

 

 

https://www.canva.com/design/DAF9Oc1wPJg/bnBj9dp6v9KtrxDI0njSlQ/watch

 

 

PVAD e grupo de 3º

As actividades que fixemos en terceiro para este proxecto foron as seguintes.

 Carreiras de relevo das tablas

Para practicar as tablas de multiplicar e ademáis fomentar a vida activa e o traballo en equipo fixemos unhas carreiras de relevos. A clase se dividía en tres grupos, o primeiro de cada grupo tiña que ir ao encerado e escribir un resultado dunha tabla que coñecese. Unha vez escrito lle pasaba o relevo ao seguinte, así ata completar toda a tabla.

Director de orquestra

Para fomentar a atención e o movemento xogamos ao director de orquestra, no que todo o mundo se pon en círculo e repite o que faga o director da orquestra. Un dos alumnos ten que poñerse no medio e adiviñar quen é o director

Investigamos mulleres

Investigamos a mulleres que foron importantes na saúde e no deporte como por exemplo Amélia Earthart que foi a primeira muller en cruzar o Atlántico en solitario.

Ou Marie Curie que fixo importantes investigacións no ámbito da saúde descubrindo o polonio. Tamén limos libros moi interesantes sobre elas.

O patio dos nosos soños

     O alumnado de 4º aproveitando os grandes espazos e a contorna do centro, durante este curso escolar, saíu realizar diferentes actividades gozando da natureza.

     Consistiron en realizar o debuxo do corpo humano identificando as súas partes principais, importantes para realizar as funcións necesarias para manter unha vida activa e deportiva.

     Tamén saímos da aula para inspirarnos e deseñar o proxecto do novo patio, apuntando as nosas ideas, pensamentos e hobbies. En xeral, gustaríalles crear un estanque, novos espazos para practicar deportes menos comúns como o béisbol ou bádminton, recunchos para a lectura, a construción ou para o baile, entre outros. Sería ideal poder compartir este patio con toda a comunidade educativa! Oxalá o consigamos entre todos!

As emocións como base deportiva!

Durante este curso escolar o colexio decidiu incorporar o chamado EQUIPO DE MEDIACIÓN, un grupo de alumnado de 4º, 5º e 6º encargado de mdiar activamente na presenza de conflitos portagonizados por outros alumnos/as do cnetro durante o seu tempo de ocio. O grupo de mediadores reuniuse, entre eles e co coordinador do equipo de convivencia do centro, para pór en común todos os conflitos semanais, sendo a meirande parte deles do ámbito deportivo. A actividade dos mediadores combinouse tamén coa presenza en cada aula dun buzón emocional e de conflitos co fin de enriquecer e complementar a presenza do equipo de mediación. 

En resumo, tanto o equipo de mediación como buzón emocional foron dúas actuacións empregadas por primeira vez neste centro e que deron como resultado unha clara melloría nas relacións emocionais entre iguais e, sobre todo, no tocante á resolución pacífica de conflitos, principalmente acaecidos en actividades deportivas.

Facemos as nosas construccións!

Nenos e nenas de 6º de infantil durante o proxecto terra do noso Proxecto de Centro. Facemos as nosas construccións, e ao rematr tomamos unha rica merenda e descansamos ao aire libre!

Xogos dos 4 elementos da natureza en 6º Infantil B

En 6ºB de EI estamos a traballar o Proxecto de Centro : "os catro elementos da natureza", e que mellor que con xogo tradicional!

03.06.2024 Surf en 5º!

Está actividade foi ofertada polo concello. O alumnado de 5º puido gozar dunha sesión no propio colexio para posteriormente ir a praia de Patos para surfear as ondas do mar! Gran xornada!

29.05.2024 Dinamización intercentros final no CPI Riveira

O 29 de maio, varios centros escolares de Mos e Porriño acudimos ao CPI Riveira a realizar unha xornada final de xogos. Participamos en actividades de equilibrio de picas, xogos con paracaídas, o pano, bádminton, pedra papel e tesoira... Coñecemos a moitos nenos/as e pasámolo xenial!

23.05.2024 Convivencia ca Escola Infantil Coto-Torrón

O pasado 23 de maio celebramos unha xornada de convivencia con moitos xogos e un pic-nic con froita fresca! Visitounos o alumnado dunha das escolas infantís da que imos recibir alumnado o ano que ven xunto as súas familias. Colaboramos a mestra de Psicomotricidade e Educación Física para organizar a xornada co alumnado de 4º de Infantil.

Ioga en 5ºEI

Dende a aula de infantil, desfrutamos ao longo do curso dos beneficios do ioga, mellorando así a nosa concentración, propiocepción... unha práctica regular que melloramos cada día e onde o pasamos fenomenal!!

30.04.2024 Baile deportivo!

O pasado 30 de abril visitounos Patricia Martínez, 19 veces campioa de España de baile deportivo.  O alumnado de 2º apremdos mogollón desta disciplina: que inclúe 10 bailes divididos en 5 standard e 5 latinos. Ademáis aprendemos a bailar un pouco de vals e chachachá! Grazas pola visita!

26.04.2024 Voleibol en 5º e Atletismo en pista en 4º

O pasado 26 de abril gozamos dunha xornada de deporte. Levamos a cabo a xornada final de voleibol no IFEVI con outros centros educativos da zona e compartimos a experiencia de atletismo co alumnado de 4º! Unha xornada moi productiva e divertida!

17.04.2024 Día da EF na rúa!

Este curso escolar celebramos o primeiro día da EF na rúa! O lema deste ano foi "Educación física e saúde mental!" Para isto, traballamos diferentes propostas do alumnado de 6º: quecemento, baile, xogos, ioga, estiramentos... e participou toda a comunidade educativa! Finalizamos a xornada cun pequeno almorzo saudable a sombriña.

Educación Física e Saúde Mental

Educación Física e Saúde Mental

Distribuir contido


CONTADOR DE VISITAS

contador de visitas para blog

by Dr. Radut