O alumnado de 6ºA levou a cabo unha actividade de arte culinario coa que se pretendeu familiarizar aos alumnos e alumnas coas distintas modalidades de arte existentes e desmontar a idea de arte-pintura-escultura ou arquitectura. A cociña é considerada unha faceta máis do amplo concepto de arte, e así este grupo de rapazas e rapaces tomaron contacto coas súas primeiras experiencias artísticas con alimentos, neste caso coa piña como ingrediente principal.