Os alumnos de 5 anos remataron a súa etapa en Infantil e os alumnos de 6º de Educación Primaria a súa etapa no colexio. Ambos chegaron ao cole moi pequeniños e agora, despois de moitas experiencias e aprendizaxes, xa están preparados para unha nova andaina no seu camiño educativo.
Celebramos un emotivo acto de despedida: representaron obras de teatro, bailaron, visualizaron unha vídeo-montaxe recordatoria, léronse cartas de despedida...
Os titores e as titoras están moi agradecidas coas familias polo seu apoio e tamén coa colaboración das mestras que nos axudaron para que este festival fora posíbel.
EDUCACIÓN INFANTIL | |
|
|
EDUCACIÓN PRIMARIA | |
NORABOA A TODOS E TODAS!!