O proxecto que levamos a cabo os alumnos de 5ºA abarcou sete sesións nas cales tratamos de aproximarnos a distintos aspectos do tema utilizando diversas estratexias de investigación e tratamento da información. Nun primeiro lugar investigamos sobre tipos de conservas, seguridade das mesmas, proceso de pesca e logo envasado, aportación nutritiva, relación coa pirámide alimenticia etc.
A continuación tratamos de ler, resumir, salientar a información máis relevante e finalmente plasmámola nun mural e nun mapa conceptual en imaxes. Por último fixemos un obradoiro práctico no que puidemos experimentar distintas combinacións de productos do mar nas nosas merendas.