Skip to Content

ELABORAMOS UN MENÚ

Na clase de Educación Física, os alumn@s de 4º de Educación Primaria elaboraron un menú para as tres comidas dun día que levou, necesariamente, conservas nalgún horario.

Pretendemos relacionar os principais hábitos de alimentación coa actividade física (horarios de comidas, calidade/cantidade dos alimentos inxeridos...)

Para levar a cabo esta actividade, empregamos a estrutura "Os catro sabios" coa que reflexionaron e asumiron os grupos alimenticios. Averiguaron superficialmente, por grupos, a composición maioritaria e minoritaria de diferentes nutrientes das conservas non vexetais. 

Por último, coa técnica de "preguntas encadeadas" reflexionaron sobre os diferentes menús elaborados en grupo.

 

 



CONTADOR DE VISITAS

contador de visitas para blog

blog | by Dr. Radut