Skip to Content

SAÍDA AO CASTELO DE SOBROSO

O mércores 2 de decembro visitamos o Castelo de Sobroso, no Concello de Mondariz.

É un castelo pequeniño, pero moi ben conservado (foi restaurado hai uns anos), e serviunos para darnos idea de como eran as fortalezas no estudio do noso proxecto de centro da Idade Media: vénse perfectamente as murallas, a torre da homenaxe, as estancias principais, o patio de armas, as ameas, merlóns, saeteras… e ten case mil anos!

Aproveitamos para meternos en situación, na pel dalgúns nobres de entón: Afonso VI, Don Sancho, Dona Urraca… Cantas intrigas polo poder! E que claro, os nobres vivían moi pero que moi ben…

Está situado nun punto estratéxico, nun alto dende o que se domina unha vista da ate 20 Qm. á redonda, o que, unido ás súas murallas, facía del un bastión inexpugnable.

Completamos a saída histórica coa natureza do entorno, e aquí convertímonos en biólogos expertos en Botánica, recollendo mostras de follas, sementes, cogumelos e algún bichiño incauto que caíu unas nosas mans.

Foi unha mañá perfecta!



CONTADOR DE VISITAS

contador de visitas para blog

blog | by Dr. Radut