Este ano despedimos o curso cunha súper merenda. Entre todo o alumnado decidimos traer de casa a merenda o máis saudable posible. Aproveitando que os nosos pais, nais, avós, avoas, entre outros, podían axudarnos, preparamos un picoteo e deliciosas sobremesas caseiras, colaborando xuntos. Tamén nos animamos a traer algo de froita! Pasámolo xenial e case non sobrou nada! Démonos conta que podemos comer mellor e de forma máis saudable!