Skip to Content

Elaboramos botellas da calma.

Ola familias! 

 

O xoves chegounos á clase unha caixa, e como todos e todas sabemos…unha caixa pode ter dentro moitísimas cousas! Coma sempre, o primeiro que fixemos foi elaborar hipóteses sobre que habería dentro dela. Así, algúns pensaron que dentro había un “dinocornio”, un chupete grande, un león, un bebé... 

 

Cando o encargado a abriu, había botellas baleiras, outras cheas dalgún líquido que descoñecíamos, unha mensaxe cuns pasos que tiñamos que seguir, purpurina, cousas bonitas coma caras sorrintes, corazóns, pompóns, estrelas... e un conto! “Todo o que sei cando me enfado”.

 

No conto, a protagonista cóntanos que todos e todas nos enfadamos, que é algo inevitábel. Sabemos que é unha sensación pouco agradábel, e por iso, cando nos enfadamos, temos que procurar que se nos pase pronto e calmarnos. Podemos respirar, contar ata dez, poñer o noso reloxo de area e tamén xogar coa botella da calma. 

 

Hoxe elaboramos as nosas propias botellas da calma por pequenos grupos e no proceso traballamos moitas cousas: os números seguindo uns pasos para fabricar a nosa botella, a toma de decisións conxunta, a iniciativa, o respecto polos gustos dos demais, tempo de espera, incluso psicomotricidade fina! 

 

Déixovos unhas fotos do proceso por aquí en un vídeo na aula virtual!

 

Descubrindo o que había dentro da caixa.

 

Conto "Cando me enfado"

 

 

Lendo o conto.

 

Proceso de elaboración.

 

A nosa botella.



page | by Dr. Radut