Nas aulas de quinto, traballamos as froitas a través de carreiras de relevos, identificando os nomes das froitas en galego. Tamén realizamos un xogo cun dado motriz no que tiñamos que resolver diferentes probas para conseguir puntos, como: lectura de beizos, escribir nomes de froitas nas costas, facer mímica,explicar de que froita se trataba con palabras clave...Aprendemos un montón xogando!
O alumnado de 5º A e 5º B elaborou un gráfico coas froitas que máis lles gustaban. Primeiro recolleron os datos e despois na aula de informática elaboraron os gráficos.
NUNHA DEMOSTRACIÓN DE VOLTA A NOVA NORMALIDADE, NO CENTRO ESTE ANO SI SE CELEBROU O MAGOSTO. BASTANTE DIFERENTE A COMO SE VIÑA FACENDO, SEN ACTIVIDADES COMÚNS, NIN XOGOS, PERO SÍ DEGUSTAMOS AS CASTAÑAS ASADAS.